jueves, 5 de febrero de 2015

AS ORDES DO MECO PARA A SEMANA DO ENTROIDO

CHEGA O ENTROIDO AO COLE!!!




O entroido deste ano tratará sobre as    profesións.

A elección do traxe correrá a cargo de cada alumno pero, como novidade, este ano coas ordes do Meco irán confeccionando o seu disfraz que lucirán o venres.


Durante a semana do 9 o 12 de febreiro  realizaremos a “Semana do Meco” coas seguintes indicacións por día sendo acumulativas:


LUNS
LEVAR UN GORRO OU PERRUCA
MARTES
LEVAR ALGO PINTADO OU POSTO NA CARA (Bigote, gafas, máscara de médico, …)
MÉRCORES
LEVAR UNHA TARXETA IDENTIFICATIVA CO NOME E PROFESIÓN  EN INGLÉS (Ex. CHEF BRYAN)
XOVES
LEVAR UNHA FERRAMENTA OU OBXECTO CARACTERÍSTICO DO OFICIO ESCOLLIDO


Recordar que todas as ordes do Meco teñen que ser elementos que leve o disfraz final escollido.