lunes, 19 de octubre de 2015





http://www.crtvg.es/informativos/dia-mundial-do-cancro-de-mama


 

Coma cada 19 de outubro, celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que en España afecta unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida.
O cancro de mama segue sendo a primeira causa de morte por tumores malignos entre as mulleres, pero cada vez son menos as vítimas que deixa esta enfermidade e maior o número delas que sobrevive cinco anos despois do diagnóstico.

Segundo a Asociación Española contra o Cancro, cada ano descúbrense en todo o territorio estatal 26.000 novos casos. Os de mama representan ademais o 29 por cento do total que se diagnostican en mulleres.

Hoxe celébrase o día mundial contra esta doenza e por este motivo non só este luns, senón tamén durante a fin de semana, multitude de actos tinguíronse de rosa. A cor que simboliza a loita contra unha enfermidade que afecta especialmente as mulleres entre 45 e 65 anos.

A prevención segue sendo a fronte principal de loita, e nisto inciden a maior parte das campañas que este luns se celebrarán ao longo de todo o país. As mamografías periódicas facilitan un diagnóstico precoz, o que explica que case o 83 por cento das mulleres con cancro de mama logre superalo.

Canda os avances nos tratamentos, este tipo de medidas permitiron que a cifra de supervivencia mellorara un 20 por cento dende os anos 70, segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario